Este ano repetimos cita co ciclo De Lugares e Órganos, que por 2º ano consecutivo se está levando a cabo na Semana Santa de Compostela, será este Sábado pola mañá ás 12 h. na tenda, é a última das citas de "O Órgano sae á rúa".
Nesta ocasión escoitaremos e conversaremos animadamente con Catalina Vicens sobre os instrumentos de tecla.
Estades todos convidados!!
(aforo limitado)
Catalina Vicens está considerada un dos valores máis sólidos do mundo da música antiga e unha das novas promesas das últimas promocións de músicos saídos da Schola Cantorum de Basilea. Nada en Chile, estudou clave en Estados Unidos e Europa, especializándose máis tarde en música medieval, con experiencia tamén no eido da interpretación de repertorios de música contemporánea para instrumentos de tecla históricos.
Catalina será a protagonista do concerto de clausura do domingo 16 co programa RENACERES que terá lugar la Igrexa da Universidade ás 20h.
Benvid@!!! Bienvenid@!!!
Te presentamos la tienda especializada en música en el casco histórico de Compostela, donde podrás encontrar libros de música de diversas materias, originales regalos y artesanías musicales... Sentirás el hechizo eterno de la Música...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario