Benvid@!!! Bienvenid@!!!




Presentámosche a tenda especializada en música no casco histórico de Compostela, onde poderás atopar libros de música de diversas materias, orixinais agasallos e artesanías musicais... Sentirás o feitizo eterno da Música...

Te presentamos la tienda especializada en música en el casco histórico de Compostela, donde podrás encontrar libros de música de diversas materias, originales regalos y artesanías musicales... Sentirás el hechizo eterno de la Música...


viernes, 31 de diciembre de 2010

Feliz Ano 2011!!! Feliz Año 2011!!!

Ola Amigos, espero q esteades pasando unhas boas Festas e que o 2011 sexa un ano cheo de saúde, alegrías e moita música para todos. Gracias ó voso cariño e apoio O Pazo das Musas cumplirá este Domingo 2 de Xaneiro un ano de vida!!! Desexamos seguir sentindo con vos o feitizo eterno da música durante moito tempo...
Coméntovos que o Domingo 2 abriremos a tenda (ás 12 da mañá). Feliz entrada de Ano!!

Hola Amigos, espero q esteis pasando unas buenas Fiestas y que 2011 sea un año lleno de salud, alegrías y mucha música para todos. Gracias a vuestro cariño y apoyo O Pazo das Musas cumplirá este Domingo 2 de Enero un año de vida!!! Deseamos seguir sintiendo con vosotros el hechizo eterno de la música durante mucho tiempo...
Os comento que el Domingo 2 abriremos la tienda (a las 12 de la mañana). Feliz entrada de Año!!

lunes, 22 de noviembre de 2010


Feliz día de Santa Cecilia!!! Parabéns a todos os músicos!!! neste día tan especial teño o placer de anunciarvos que este xoves 25 ás 20, na nosa tenda, contaremos coa presenza de Rosa Cedrón e Cristina Pato, que como dúo Soas nos presentarán o seu novo disco "Muller". Posiblemente nos amenicen coa interpretación dalgunha das pezas do disco e ademais asinaranos. Esperámosvos!!!


Feliz día de Santa Cecilia!!! Enhorabuena a todos los músicos!!! en este día tan especial tengo el placer de anunciaros que este jueves 25 a las 20, en nuestra tienda, contaremos con la presencia de Rosa Cedrón y Cristina Pato, que como dúo Soas nos presentarán su nuevo disco "Muller". Posiblemente nos amenicen con la interpretación de alguna de las piezas del disco y además los firmarán. Os esperamos!!!


sábado, 25 de septiembre de 2010

Roteiro de Creación


Ola amigos!!!
infórmovos que esta tarde e mañán a tenda estará excepcionalmente aberta (de 17 a 20.30) con motivo da participación no Roteiro de Creación (mais info en http://www.roteirodecreacion.com/). Os artistas que exporán as súas obras no noso espazo son: Fran Lareo e Alicia Garcerá. Anímovos a vir e botar un vistazo, son creacións moi orixinais e de particular beleza... (podedes ver mais fotos no facebook!!) a exposición tamén permanecerá na tenda durante a vindeira semana.
Un saúdo agarimoso!


miércoles, 8 de septiembre de 2010

Comezo dun novo curso

Boas amigos!!! que tal de vacacións? espero que tiverades un merecido descanso e non extrañedes demasiado esa praia, aquela montaña, ou aqueloutro rincón no que desfrutastes este verán...

Quixera recordarvos que a partires do próximo luns día 13 comezaremos co horario habitual do curso, é dicir, polas tardes abriremos de 17 a 20:30; o resto sigue invariable: polas mañáns abriremos de 10:30 a 14 e pecharemos os domingos, os sábados pola tarde e os luns pola mañá.

Pouco a pouco continuamos ampliando o noso fondo de libros e partituras, así que non dubidedes en solicitar aqueles que precisedes para o novo curso, se queredes podesdes facelo por teléfono (981 57 79 79) ou por mail (opazodasmusas@gmail.com).

Un saudiño cordial e ata pronto

miércoles, 9 de junio de 2010

Presentación de libro

Boas a todos, este venres 11 de Xuño ás 20.00 terá lugar na nosa tenda a presentación do libro: "50 anos de pop, rock e malditismo na música galega" de Fernando Rego, editado por Toxosoutos (2010). Seguirá á presentación o concerto de Noise Project presentando o seu novo disco "Asuntos que se resolven co tempo" (A Regueifa, 2010). Animádevos a vir!! un saudiño agarimoso.

Buenas a todos, este viernes 11 de Junio a las 20.00 tendrá lugar en nuestra tienda la presentación del libro: "50 anos de pop, rock e malditismo na música galega" de Fernando Rego, editado por Toxosoutos (2010). Seguirá a la presentación el concierto de Noise Project presentando su nuevo disco "Asuntos que se resuelven con el tiempo" (A Regueifa, 2010). Animaos a venir!! un saludiño cordial.

miércoles, 2 de junio de 2010

Feira Medieval este finde!!!




Este fin de semana, del viernes 4 al domingo 6 tendrá lugar en el casco histórico de Santiago la tradicional Feria Medieval, que este año se situará entre otras en nuestra calle. Nosotros también participaremos con un pequeño puesto de artículos de la tienda, ambiente medieval, música de arpa... os animo a que vengais disfrazados y disfruteis de esta feria. Recordaros que el lunes 7 cerraremos todo el día por descanso, disculpad las molestias, un saludiño cordial!!


Esta fin de semana, do venres 4 ó domingo 6 terá lugar no casco histórico de Santiago a tradicional Feira Medieval, que este ano se situará entre outras na nosa rúa. Nós tamén participaremos cun pequeno posto de artigos da tenda, ambiente medieval, música de arpa... anímovos a que veñades disfrazados e disfrutedes desta feira. Lembrarvos que o luns 7 pecharemos todo o día por descanso, desculpade as molestias, un saudiño cordial!!

Entrega de premios Compostela Activa 2009


O pasado 8 de Abril tivo lugar na nosa tenda a entrega de premios de Concurso de Novas ideas Empresariais Compostela Activa 2009, no que a nosa emprea resultou premiada dentro da categoría de "Comercio e Turismo".
El pasado 8 de Abril tuvo lugar en nuestra tienda la entrega de premios del Concurso de Novas Ideas Empresariais Compostela Activa 2009, en el que nuestra empresa resultó premiada dentro de la categoría "Comercio e Turismo".

jueves, 29 de abril de 2010

Bos días a tod@s!!!
hoxe 29 de abril, con motivo do Día internacional da Danza realizaremos un 5% de desconto nas vosas compras de artigos relacionados co tema. Feliz día e... a bailar!!!!!

Buenos días a tod@s!!!
hoy 29 de abril, con motivo del Día internacional de la Danza realizaremos un 5% de descuento en vuestras compras de artículos relacionados con el tema. Feliz día y... a bailar!!!!!

jueves, 8 de abril de 2010

Benqueridos amig@s, esta mañá tivo lugar na nosa tenda a entrega de premios do Concurso de Novas Ideas Empresariais Compostela Activa 2009, no que a nosa tenda resultara premiada dentro da categoría de "Comercio Turismo". Xosé Manuel Iglesias, concelleiro de Promoción económica, xunto con Fernando e Ánxela, tamén da Concellería, foron os encargados de facer entrega dunhas fermosas figuras de Sargadelos. As outras empresas que resultaron galardoadas polos seus proxectos foron:
Itíneris Consulting (Empresa de consultoría), Cultureka(Servizos en turismo, eventos e comunicación), Abastos 2.0 (Espazo gastronómico moi singular sito na Praza de Abastos), Mamá Egue (Tenda de Artesanía Africana na Algalia) e NIX VFX Factory (Especializada en Animación 3D e efectos visuais).
Para nos foi todo un honor ofrecer o noso espazo para a realización deste evento.
Se queredes obter mais información só tedes que ver as novas de hoxe en Correo TV (ás 20, 21 e ás 23) ou ler o xornal A Voz de Galicia de mañá.

sábado, 13 de marzo de 2010

XA TEMOS PARTITURAS!!!

Queridos amigos: xa temos á venda algunhas partituras mais para piano e violoncello, pouco a pouco iremos mellorando o noso fondo. Lembrarvos que se estades buscando algunha e non a atopades só tedes que enviar un mail (opazodasmusas@gmail.com) ou pasar pola tenda e faremos o posible por atopala, un saudiño e ata a próxima!!!

Queridos amigos: ya tenemos a la venta algunas partituras más para piano y violoncello, poco a poco iremos mejorando nuestro fondo. Recordaros que si estais buscando alguna y no la encontrais sólo teneis que enviar un mail (opazodasmusas@gmail.com) o pasar por la tienda y haremos lo posible por encontrarla, un saludiño y hasta la próxima!!!

lunes, 1 de febrero de 2010

Búscanos en Facebook!!!

Xa temos páxina en Facebook, con fotiños e comentarios!! os que tedes conta só tedes que buscar O Pazo das Musas, os que non a teñades primeiro debedes crear unha , vémonos alí!!! saúdiños!!

Ya tenemos página en Facebook, con fotitos y comentarios!! los que teneis cuenta sólo teneis que buscar O Pazo das Musas, los que no la tengais primero debeis crear una, nos vemos allí!!! saludos!!!

Celebremos o San Valentín con música!!!


En San Valentín por compras superirores a 25€ agasallámoste cunha rosa...
Promoción válida o venres 12, sábado 13 e domingo 14 de febreiro.


En San Valentín por compras superiores a 25€ te regalamos una rosa...
Promoción válida el viernes 12, sábado 13 y domingo 14 de febrero.