Benvid@!!! Bienvenid@!!!




Presentámosche a tenda especializada en música no casco histórico de Compostela, onde poderás atopar libros de música de diversas materias, orixinais agasallos e artesanías musicais... Sentirás o feitizo eterno da Música...

Te presentamos la tienda especializada en música en el casco histórico de Compostela, donde podrás encontrar libros de música de diversas materias, originales regalos y artesanías musicales... Sentirás el hechizo eterno de la Música...


viernes, 7 de diciembre de 2012

Música antiga ao vivo. CHARLA-EXPOSICIÓN-CONCERTO



Grupo de música antiga 1500
Víctor Blanco, guitarras renacentista e barroca, arpa
Belén Bermejo, canto, organetto
Andres Díaz, vihuela, instrumentos de vento e frautas

...


Venres 14 de decembro ás 20,15 h
O Pazo das Musas, tenda de música
Rúa Nova 8-10, Santiago de Compostela


Queres escoitar música antiga fóra do contexto habitual dunha sala de concerto, nun ambiente distendido e cercano aos músicos e aos seus instrumentos? esta é a túa oportunidade!

Achégate ao Pazo das Musas, en Compostela, e comparte con algúns dos compoñentes do grupo de Música Antiga 1500 un ratiño de música e conversa. Arpas, guitarras renacentistas e barrocas, chirimías, frautas de bico, até un órgano portativo!

Unha hora de música aderezada con pequenas explicacións sobre a música e os instrumentos empregados, para aprender historia da música disfrutando dela.

Se queres participar so precisas enviar unha mensaxe a contacto@sirgotorcendo.com e facer a túa reserva de praza ou ben chamar ao teléfono 981577979. O prazo está aberto até o 12 de decembro.

Quedan moi poucas prazas!!!
 
 
 

 

sábado, 1 de diciembre de 2012

Horarios de Nadal e Promoción "Elíxenos"

Boas a todos!!! Infórmovos de que tódolos Sábados do mes de Decembro (1, 8, 15, 22 e 29) e tamén o Sábado 5 de Xaneiro abriremos pola tarde, no horario habitual (17 a 20:30).

Ademáis teño o gusto de comunicarvos que imos participar na promoción "Elíxenos", organizada por algúns establecementos da zona vella de Santiago, que consiste en que por compras superiores a 30€ vos obsequiamos cunha consumición (café, refresco ou caña) nalgún dos bares indicados. A promoción é válida os Venres e Sábados do 1 de Decembro ó 5 de Xaneiro).

Máis información nas tendas e bares colaboradores: