Quince composicións para voz e piano é o legado sonoro da compositora Eugenia Osterberger que recupera a editora Ouvirmos no seu último lanzamento.
"Eugenia Osterberger: A compositora galega da Belle Époque (1852-1932)" é o título do libro-CD no que se reivindica unha creadora que contribuíu de forma singular á creación dunha música galega académica de raíz popular. Participou de forma activa na vida cultural e social da Coruña e Compostela e foi académica correspondente da Real Academia Galega dende a súa fundación". Alén das pezas que agora se recuperan, a autora tamén realizou composicións para piano. Beatriz López-Suevos, Rosario Martínez Martínez e Susana de Lorenzo asinan unha obra na que se fai un repaso pola vida e o traballo de Osterberger. O Círculo Recreativo Cultural do Porriño acollerá o concerto-presentación deste traballo, no que Susana de Lorenzo e Beatriz López-Suevos, voz e piano, interpretarán todo o contido do disco, será o venres 10/03/17 ás 20:30 hras.
Nada en Santiago de Compostela o 20 de decembro de 1852, filla da coruñesa Emilia Luard Álvarez e do litógrafo de orixe alemán Jorge Osterberger, a futura música Eugenia Osterberger recibiu unha esmerada formación cultural que incluía -ademáis de clases de piano- o coñecemento do francés, o alemán paterno e frecuentes viaxes ao estranxeiro, nomeadamente, a París.
En 1879 Eugenia Osterberger casa co enxeñeiro francés Francisco Saunier e o matrimonio pasa a instalarse na Coruña onde o seu marido traballaba como director da fábrica de gas. Na cidade herculina, Eugenia Osterberger entra en contacto co grupo rexionalista da "Cova Céltica" -que promoverá anos máis tarde a posta en marcha da Real Academia Galega da que ela será nomeada membro correspondente dende a súa fundación- así como co círculo artístico e musical coruñés da época do que formaban parte, entre outros, Marcial del Adalid, Pascual Veiga, José Castro "Chané" e, sobre todo, Canuto Berea, quen será o editor de parte da súa obra.
En 1907, o matrimonio Saunier-Osterbeger muda á Costa Azul francesa e o destino posterior de Eugenia Osterberger resulta, polo de agora, descoñecido.
Benvid@!!! Bienvenid@!!!
Te presentamos la tienda especializada en música en el casco histórico de Compostela, donde podrás encontrar libros de música de diversas materias, originales regalos y artesanías musicales... Sentirás el hechizo eterno de la Música...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario