Benvid@!!! Bienvenid@!!!




Presentámosche a tenda especializada en música no casco histórico de Compostela, onde poderás atopar libros de música de diversas materias, orixinais agasallos e artesanías musicais... Sentirás o feitizo eterno da Música...

Te presentamos la tienda especializada en música en el casco histórico de Compostela, donde podrás encontrar libros de música de diversas materias, originales regalos y artesanías musicales... Sentirás el hechizo eterno de la Música...


sábado, 25 de septiembre de 2010

Roteiro de Creación


Ola amigos!!!
infórmovos que esta tarde e mañán a tenda estará excepcionalmente aberta (de 17 a 20.30) con motivo da participación no Roteiro de Creación (mais info en http://www.roteirodecreacion.com/). Os artistas que exporán as súas obras no noso espazo son: Fran Lareo e Alicia Garcerá. Anímovos a vir e botar un vistazo, son creacións moi orixinais e de particular beleza... (podedes ver mais fotos no facebook!!) a exposición tamén permanecerá na tenda durante a vindeira semana.
Un saúdo agarimoso!


miércoles, 8 de septiembre de 2010

Comezo dun novo curso

Boas amigos!!! que tal de vacacións? espero que tiverades un merecido descanso e non extrañedes demasiado esa praia, aquela montaña, ou aqueloutro rincón no que desfrutastes este verán...

Quixera recordarvos que a partires do próximo luns día 13 comezaremos co horario habitual do curso, é dicir, polas tardes abriremos de 17 a 20:30; o resto sigue invariable: polas mañáns abriremos de 10:30 a 14 e pecharemos os domingos, os sábados pola tarde e os luns pola mañá.

Pouco a pouco continuamos ampliando o noso fondo de libros e partituras, así que non dubidedes en solicitar aqueles que precisedes para o novo curso, se queredes podesdes facelo por teléfono (981 57 79 79) ou por mail (opazodasmusas@gmail.com).

Un saudiño cordial e ata pronto