Benvid@!!! Bienvenid@!!!




Presentámosche a tenda especializada en música no casco histórico de Compostela, onde poderás atopar libros de música de diversas materias, orixinais agasallos e artesanías musicais... Sentirás o feitizo eterno da Música...

Te presentamos la tienda especializada en música en el casco histórico de Compostela, donde podrás encontrar libros de música de diversas materias, originales regalos y artesanías musicales... Sentirás el hechizo eterno de la Música...


viernes, 7 de diciembre de 2012

Música antiga ao vivo. CHARLA-EXPOSICIÓN-CONCERTO



Grupo de música antiga 1500
Víctor Blanco, guitarras renacentista e barroca, arpa
Belén Bermejo, canto, organetto
Andres Díaz, vihuela, instrumentos de vento e frautas

...


Venres 14 de decembro ás 20,15 h
O Pazo das Musas, tenda de música
Rúa Nova 8-10, Santiago de Compostela


Queres escoitar música antiga fóra do contexto habitual dunha sala de concerto, nun ambiente distendido e cercano aos músicos e aos seus instrumentos? esta é a túa oportunidade!

Achégate ao Pazo das Musas, en Compostela, e comparte con algúns dos compoñentes do grupo de Música Antiga 1500 un ratiño de música e conversa. Arpas, guitarras renacentistas e barrocas, chirimías, frautas de bico, até un órgano portativo!

Unha hora de música aderezada con pequenas explicacións sobre a música e os instrumentos empregados, para aprender historia da música disfrutando dela.

Se queres participar so precisas enviar unha mensaxe a contacto@sirgotorcendo.com e facer a túa reserva de praza ou ben chamar ao teléfono 981577979. O prazo está aberto até o 12 de decembro.

Quedan moi poucas prazas!!!
 
 
 

 

sábado, 1 de diciembre de 2012

Horarios de Nadal e Promoción "Elíxenos"

Boas a todos!!! Infórmovos de que tódolos Sábados do mes de Decembro (1, 8, 15, 22 e 29) e tamén o Sábado 5 de Xaneiro abriremos pola tarde, no horario habitual (17 a 20:30).

Ademáis teño o gusto de comunicarvos que imos participar na promoción "Elíxenos", organizada por algúns establecementos da zona vella de Santiago, que consiste en que por compras superiores a 30€ vos obsequiamos cunha consumición (café, refresco ou caña) nalgún dos bares indicados. A promoción é válida os Venres e Sábados do 1 de Decembro ó 5 de Xaneiro).

Máis información nas tendas e bares colaboradores:

sábado, 27 de octubre de 2012

Máis libros!!!

Novas adquisicións da tenda: María Fumaça, fermosísimo libro no que participan diversos artistas (Uxía Senlle, Sérgio Tannus...). 3 interesantes libros sobre musicoterapia. No ámbito de música e mulleres, un sobre as damas do blues. No Jazz, unha biografía do pianista Monk. Con motivo do 50 aniversario da banda, outro dos Stones. O último de Furtwängler. Sobre o tema da improvisación, de W. Matthews, altamente recomendable, dada a escasez de libros sobre este tema en español. Da editorial Dos Acordes: un da colección Cadernos de Gaita e outro que inclúe numerosas pezas clásicas e populares para clarinete.



 
 
Máis info en:
http://www.facebook.com/media/set/?set=a.10151471561508154.582511.305653088153&type=1#!/media/set/?set=a.10151471561508154.582511.305653088153&type=1

jueves, 11 de octubre de 2012

Algúns Libros e CDs!!!

Entre as novidades dispoñibles na tenda (algunhas son novidades editoriais) destacan estes libros:
  • Fundamentos de la armonía funcional, Parte 1ª e 2ª, de Carlos Santoys
  • Son do Fol. Método infantil de iniciación á gaita galega, de Xaime Estévez Vila
  • Electro School. Método de guitarra eléctrica, de Sergio Pena e Domingo Rodríguez.
  • Soy tu hombre. La vida de Leonard Cohen, de Sylvie Simmons
  • La verdadera historia de los Rolling Stones, de S. Booth
  • Froles d'ouro, 34 pezas galegas para guitarra, de Manuel Herminio Iglesias
  • A música de seis poemas universais, de Ernesto Guerra da Cal, editada a cargo de: Isabel Rei Sanmartín, José Luis do Pico Orjais e Joám Trillo
  • Escucha esto, de Alex Ross






Novidades en CDs:

lunes, 24 de septiembre de 2012

LEDICIA NAS AULAS! ALEGRÌA EN LAS AULAS!

 
 

 

Máis instrumentos en :
Más instrumentos en:

http://www.facebook.com/pages/O-PAZO-DAS-MUSAS/305653088153#!/media/set/?set=a.10151410084668154.572781.305653088153&type=1

Se queres saber os precios avísame e envíochos por mail sen compromiso!!
Si quieres saber los precios avísame y te los envío por mail sin compromiso!!